Thursday 19 de September de 2024

Incendio forestal na urbanización Pedra do Sal, na parroquia de Baldaio, no concello de Carballo


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo foron alertados onte, preto das 20:00 horas, dun incendio forestal próximo a vivendas da urbanización de Pedra do Sal, na parroquia de Baldaio, no concello de Carballo.

Debido á proximidade das chamas, o cometido foi protexer as vivendas por se o lume se achegaba a elas e subministrar auga aos vehículos da central de incendios forestais.

Participaron tamén Garda Civil, Protección Civil de Carballo e a central de incendios forestais.